Sold out

Malandrómeda & Caamaño no Liceo Mutante

0,01 - 10,00

Malandrómeda & Caamaño
Sábado 13/12/25
Liceo Mutante (Afonso XIII 9, Pontevedra)
Portas: 20.30
Axuda entre 5 e 10 € (íntegramente para as artistas)

Chegou o momento, amigues, o peito queda pequeno da emoción.
O novo pinchacarneiro de Malandrómeda rompe de novo a baralla. Desta volta acompañado pola acordeonista Sabela Caamaño.
O fareiro da Rocha e "the great" Caamaño deitan luz nas zonas escuras. Pegan o oído á terra e escoitan o futuro, foxen do camiño fácil e lévannos sempre para adiante.
Rap de vangarda atravesado por todo que importa na vida. Música popular galáctica, as caixas de ritmo baten co acordeón e a feira xa está montada, vermú mesturado que sabe a gloria.
O mundo, ás veces, é para nós tamén.

Escolle o teu donativo.
Importante: por cuestións loxísticas da plataforma e de reconto de aforo, as persoas menores de idade deberán pagar a cantidade simbólica de 0,01€.

Non enviamos mails de confirmación nin entradas en formato dixital. O nome que empreguedes nesta plataforma ó mercar as entradas será o mesmo que usaredes na porta para confirmar as mesmas.

Graciñas!