Entradas Red Eye + Grima + Al Final Solo Habrá Cenizas + Unamoto 6 Decembro
Liceo Mutante presenta o “Luces Negras Fest”. Unha selección moi coidada da mellor "trallita" nacional feita íntegramente a man, nada de IAs e cousas polo estilo, pura artesanía do metal.
Dende as terras do sur, dende Antequera, veñen os Red Eye que estarán presentando o seu último disco “III”. Unha certeira mezcla de riffs doom e psicodelia para vibrar e bailar nestes tempos escuros.
https://redeyeofdoom.bandcamp.com/album/iii
Estarán acompañados dun trío de dúos patrios con non menos carga de riffs e "zapatilla" para quitarlle a cera ós vosos oidos amansados polos mass media.
Al Final Solo Habrá Cenizas, dúo coruñés de sons pesados e ben escuros acompañados dunha voz de ultratumba que fará as delicias nas melenas máis prominentes da sala.
https://alfinalsolohabracenizas.bandcamp.com/album/lodo
De Grima pouco máis se pode dicir. Derradeiro concerto desta coñecida parella enerxética. Intensidade e emoción a esgalla é o que esperamos deste show, Bailaremos coas bágoas querendo sair en explosión coa rabia desta despedida.
https://music.youtube.com/playlist?list=OLAK5uy_n0qdrAV25yJCEvhZzvLsczTBgvvuzW7Ng
Para completar semellante elenco de artistas teremos ós Unamoto. Vellos coñecidos da escea rockeira underground agora baixo o formato dúo cun "rollito" metaleiro crocante cun toque de laboratorio de ciencias marca da casa.
https://unamoto.bandcamp.com/album/tiempo-cero
Todo isto o vindeiro 6 de decembro na Casa Verde de Salcedo cun donativo entre 12 e 18 euros para as bandas. Apertura de portas ás 19:30 e concertos ás 20.00
Escolle o donativo que prefiras. A recadación destinarase íntegramente ás artistas.
Prégase non mercar máis de 5 entradas por persoa.
O nome que introduzades ó mercar as vosas entradas será o que empregaremos o día do concerto na porta para vos identificar. Non se envían as entradas por mail.
As menores de idade pagan un prezo simbólico de 0,01€. No caso de vir con menores, por cuestións de aforo e seguridade, pregamos fagades a correspondente reserva.
O cartaz é obra de Aarón Maiden.